venres, 21 de novembro de 2025
sábado, 25 de novembro de 2023
xoves, 1 de decembro de 2022
martes, 22 de novembro de 2022
luns, 14 de novembro de 2022
domingo, 24 de xullo de 2022
domingo, 19 de decembro de 2021
luns, 22 de novembro de 2021
mércores, 2 de decembro de 2020
RESUMO DOS ACTOS DO 98 ANIVERSARIO - 28/NOV/2020
Debido ás restriccións de mobilidade que están vixentes por motivo do Covid-19, este ano non puido desenrolarse como debe o acto de homenxe ós Mártires de Sobredo. Neste contexto de pandemia os actos reducíronse a unha ofrenda floral, e para que quedase unha lembranza realizáronse fotos da homenaxe feita. Na seguinte ligazón está dispoñible unha galería de imaxes de cómo se desenvolveu o acto.
sábado, 28 de novembro de 2020
SOBREDO: SAÚDE E TERRA - MARGA DO VAL
Artigo da Presidenta do IEAMSO, Marga Do Val, publicado no xornal Nós Diario, con motivo do 98 aniversario dos Mártires de Sobredo.
https://www.nosdiario.gal/opinion/marga-do-val/sobredo-saude-terra/20201126195303109959.html
"SOBREDO" UN POEMA DE ALFREDO GUISADO
Excelente publicación que afonda no trasfondo histórico dos Mártires de Sobredo.
http://tudensia.blogspot.com/2020/11/sobredo-un-poema-de-alfredo-guisado.html?m=1
venres, 27 de novembro de 2020
venres, 20 de novembro de 2020
domingo, 15 de decembro de 2019
xoves, 28 de novembro de 2019
martes, 26 de novembro de 2019
RESUMO DOS ACTOS DO 97 ANIVERSARIO - 24/NOV/2019
No domingo, día 24 de novembro, realizouse a conmemoración dos sucesos de Sobredo, no seu 97 Aniversario. Os actos desenvolvéronse, no propio Lugar de Sobredo (Guillarei - Tui), a partir das 11:00 horas da maña, no Campo dos Mártires; lugar onde se ergue o Monumento na memoria de Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis (Tui), Xoaquín Estévez, de Soutelo (Salceda), e Venancio González, de Budiño (Salceda), que perderon a súa vida neste sitio, baixo os tiros da Garda Civil, cando se opoñían ao embargo de bens a un veciño que non pagara rendas de foros, un 28 de novembro do ano 1922.
Os sucesos de Sobredo, cunha destacada repercusión en toda Galiza, simbolizan dende entón o acto solidario de loita contra a inxustiza e a explotación da sociedade labrega da época.
Neste aniversario dirixiuse ao público Carlos Babío Urkidi; investigador e co-autor do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio; quen na súa intervención salientou que a recuperación de Sobredo acada unha dimensión, que vai mais alá do sucedido neste lugar; xa que recolle o significado e a memoria de labregas e labregos que morreron cando loitaban pola mellora dos medios de vida e a reivindicación da plena propiedade da terra.
Recordou nese contexto a loita agraria de Meirás, nos anos 30; na que unha das vítimas foi o seu propio avó; un conflito que derivou nos anos a seguir, co golpe de estado de 1936, en represión aos lideres sociais que afrontaran a loita pola xustiza social e en contra os que cobraban rendas agrarias; sinalou, a relevancia de actos como o de Sobredo para recuperar a memoria colectiva das reivindicacións sociais, en momentos como o presente.
Asistiron ao acto representacións de entidades veciñais do Baixo Miño, O Condado, Val Miñor e Vigo; así mesmo, concorreron a Alcaldesa de Entidade Local Menor de Camposancos; a Alcaldesa do Concello de Salceda de Caselas; o Alcalde de Tui; e concelleiras e concelleiros de municipios da zona.
O Acto de conmemoración concluíu cunha ofrenda floral no Monumento aos Mártires; unha obra da autoría do escultor Camilo Nogueira, erguida no ano 1932, no décimo aniversario; derrubado no mes de xullo de 1936 e reconstruído en 1988, por iniciativa de entidades veciñais (Asociacións de Veciños, Comunidades de Montes, Culturais; etc.),Mpasados mais de cincuenta anos do seu derrube; ao ritmo da Antiga marcha do Reino, interpretada polo Grupo de Gaitas “Folieiros”; que así mesmo, tocou o Himno de Galiza.
Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo - IEAMSO
luns, 18 de novembro de 2019
luns, 28 de xaneiro de 2019
ACTIVIDADE MESA REDONDA OS LUMES FORESTAIS APÁGANSE EN INVERNO. 01/02/2019.
O IEAMSo (Insituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo) e o Instituto Galego de Terras Comunitarias organizan este venres, 1 de febreiro en Tui, na sala Xacobeo da Área Panorámica, a partir das oito da tarde (20:00 H), unha Mesa Redonda para tratar o tema ”Os lumes forestais apáganse no inverno”.
Cóntase coa participación de:
- Juan Carlos Boo. Comunidade Montes Veciñais de Areas-Tui.
- Gonzalo Vázquez. Instituto Galego de Terras Comunitarias.
- Xosé Rodríguez. Alcalde do Concello das Neves.
- Claudio Quintillán. Experto medioambiental.
- Xosé Alfredo Pereira. Org. Galega de Comunidades de Montes.
IEAMSo
